Claves do éxito para a baixada de peso

en

Poñerse a dieta resulta tremendamente común na actualidade pero lamentablemente é igual de popular o abandono da mesma e a volta ós hábitos de consumo anteriores, o que da lugar ó temido efecto rebote no que o aumento de peso a miúdo supera as cifras iniciais.

Cada intento de baixar uns kilos, e de novo recuperalos, provoca unha gran frustración movida por unha maior perda de confianza nun mesmo, o que reduce as posibilidades de conseguir resultados definitivos na próxima dieta.

As causas de abandono máis comúns son o aburrimento por seguir unha alimentación monótona e algo insípida, vergonza ou frustración por non conseguir os obxectivos desexados, estrés e ansiedade por algún cambio da vida ou aumento de traballo, así coma a imposibilidade de cumprir altas expectativas.

É común que as persoas con sobrepeso ou obesidade, se culpen a si mesmas polo fracaso da dieta, debido a que deixou de funcionar cando non continuaron cás pautas establecidas, pero o certo é que as dietas moi estritas e restritivas son imposibles de manter de por vida, polo que antes ou despois acabarán por fracasar.

Para evitar volver a caer nestes erros é recomendable planificar ben a baixada de peso, para isto o máis importante é estar preparado. Aínda que parece algo sinxelo e bastante lóxico a hora de poñer inicio a un plan dietético, non sempre se acude a un profesional coa motivación precisa ou axeitada para realizar dito cambio. Contentar a parella ou a algún familiar pode ser un motivo común na consulta de nutrición, non obstante é unha motivación errónea, posto que durante o proceso da baixada de peso é común que aparezan pequenas dificultades, ou semanas nas que os resultados da báscula non sexan os esperados; isto pode levar a unha sensación de decepciono cara o familiar en cuestión, ocasionando unha maior frustración persoal e polo tanto maior posibilidade de abandono da pauta nutricional.

Os mellores motivos son os pautados por un mesmo para mellorar o seu día a día ou para poder facer cousas que lle impide ou limita o seu peso corporal. Mellorar o estado físico para así reducir o cansazo, diminuír molestias articulares ou retomar un determinado deporte, mellorar o sono nocturno, poder xogar con fillos ou netos, reducir niveis de azucre ou colesterol sanguíneo, mellorar a autoestima ou saír máis da casa son bos motivos para comezar.

Ter os obxectivos claros tamén é importante para evitar frustracións. O recomendable é unha perda de peso entre 2 e 4 kg o mes, e aínda que pode parecer pouco, por encima de esas perdas é mais complicado manter o peso perdido a longo prazo.

Unha vez establecidos os motivos e obxectivos, débese escoller a pauta nutricional adoitada. Neste punto, a elección dunha dieta milagre pode votar pola borda o obxectivo final, polo que débese fuxir de dietas que prometan resultados moi rápidos, que prohiban algún grupo de alimentos, que impidan ou limiten a inxestión de froitas ou que inclúan súper alimentos, batidos ou outros suplementos nutricionais.

Antes de empezar unha nova alimentación hai que valorar se é posible continuar a dieta proposta durante toda a vida, tendo en conta o aburrimento pero tamén o estado de saúde ó que leve dita alimentación. Un claro exemplo son ás dietas hiperproteicas, que seguidas a longo prazo poden provocar problemas de saúde, polo que a súa elección debe descartarse.

A mellor opción é cambiar os hábitos nutricionais e así, partindo das rutinas propias ir cambiando, eliminando ou incluíndo alimentos de maneira progresiva e creando novas rutinas, para así manter os cambios a longo prazo. Ademais este tipo de pautas impiden pasar fame e inclúen alimentos coma pastas, pan, legumes e froitas entre os seus compoñentes, permitindo igualmente unha baixada de peso. Para garantir o seu funcionamento debe ser unha pauta adaptada ó día a día do implicado, ós seus horarios, traballo, gustos, vida social… en resumo unha educación nutricional personalizada có apoio dun nutricionista titulado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *