É saudable o chocolate?

Existen dúas opcións para responder a esta pregunta.  A primeira, e de forma resumida, “Non todo o que coñecemos como chocolate pode formar parte dunha alimentación saudable” e unha segunda, algo máis permisiva pero cunha gran explicación posterior “É posible consumir chocolate de forma habitual e manter un estado óptimo de saúde, sempre e cando dito produto conte cunhas características específicas e o resto da alimentación diaria sexa equilibrada e saudable”.

Antes de continuar cabe dicir que o chocolate non é un alimento milagroso, non é un súper alimento nin ten beneficios extraordinarios sobre a saúde dos individuos que o consumen de maneira asidua e moderada. De feito, ningún produto aporta tales beneficios posto que é unicamente a suma de dieta saudable e actividade física, a que permite gozar dun estado óptimo de saúde e previr enfermidades nutricionais futuras.

A característica máis relevante á hora de escoller un bo chocolate é a porcentaxe de cacao que presenta, posto que canto maior sexa esa cifra máis saudable será o produto. Aínda que o chocolate con alto contido en cacao ten unha cor máis escura, os produtos escondidos baixo o lema “puro”, “intenso”, “negro”… non están obrigados a levar unha elevada porcentaxe de cacao, polo que buscar dito número na etiquetaxe é a única maneira de detectar se realmente é adoitado para o consumo. Esta información atópase despois da listaxe de ingredientes ou tamén na carátula daqueles con niveis máis altos de cacao.

Os chocolates máis recomendables son os que conteñen como mínimo un 80% de cacao. A esas concentracións é sinxelo que o padal recoñeza un certo sabor amargo, principalmente en persoas acostumadas a inxestión de alimentos doces ou azucrados; non obstante, canto menos azucre haxa na alimentación mais fácil será que o padal se acostume e acabe detectando este tipo de chocolates coma doces.

O ingrediente principal do resto dos chocolates do mercado é o azucre. Por esta razón aparece de primeiro na listaxe de ingredientes e pode variar dependendo de si son con leite, con froitos secos, caramelo, galleta, cereais, etc. No caso do chocolate branco, nin sequera conten unha porcentaxe de cacao en si, se non que leva unicamente a graxa do mesmo, coñecida como manteiga de cacao. Por tanto, o consumo habitual destes produtos non é recomendable nunha dieta saudable.

Cando comer chocolate?

O consumo deste alimento adoita darse nos momentos de maior ansiedade, principalmente durante a tarde-noite ou tras a cea, polo que a súa inxestión está mais relacionada con fame emocional que con fame real ou mera apetencia. Na meirande parte dos casos non existe consciencia plena no acto do consumo, o que adoita ocasionar sensación de culpabilidade ou frustración tras a inxestión do mesmo. O ideal sería deixar de relacionar este produto coa ansiedade e incorporalo a dieta como un alimento saudable máis, podendo acompañar merendas, almorzos, ceas… pero sempre en pequenas cantidades e de maneira plenamente voluntaria.

 

Recuerda que puedes preguntarme cualquier duda en info@nutripasos.com, o pedir una consulta de nutrición en Lugo, A Coruña o Vilalba por aquí o en el 637819886.

Nutricionista – Nutricionista Lugo – Nutricionista Coruña – Consulta de Nutrición

Cambio de Hábitos – Dietista – Perder peso

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *