Fraudes da Operación Bikini

Ca chegada dos meses de maio e xuño, comeza a preocupación de moitos polo seu peso corporal e inaugúrase a coñecida “Operación bikini”, que ten por obxectivo baixar os máximos quilos posibles para lucir tipo durante os meses de verán. O que moitos non saben é que moitas das dietas levadas a cabo con este fin, poden ser perigosas para a saúde.

“Dietas milagre” é outro dos nomes que reciben estas dietas. Todo parece marabilloso nun principio, xa qué dende os primeiros días as perdas de volume e peso obsérvanse a simple vista, pero… ¿qué está a ocorrer trás esa faciana? As dietas milagre non se conseguen manter no tempo e, no momento no cal se paran de seguir, o peso corporal volve a subir e incluso supera o peso inicial. Isto é o chamado “efecto rebote” ou “efecto yoyo”.

Moitos poden pensar que a solución é seguir a dieta toda a vida, pero aínda sen contar a fame ou o cansazo que esta alimentación acarrea, o exceso de proteínas da mesma, acaba ocasionando un problema multiorgánico a longo prazo.

¿Cómo detectar dietas milagre? Actualmente son tantas as que se atopan en revistas, en tendas, en internet… que resulta imposible nomealas todas. Non obstante, se cumpre algunha das seguintes características, posiblemente poida definirse  como tal:

  • Promete resultados rápidos: Mentres que nunha dieta saudable, aconséllase baixar ó redor de 4 kg mensuais, nas dietas milagre, prométense eses resultados de maneira quincenal ou incluso semanal.
  • Prohibe o consumo dalgún alimento ou grupo de alimentos: Moitas destas dietas, reducen a inxestión dalgún grupo ou dalgún nutrinte como os hidratos de carbono, indispensables nunha alimentación equilibrada.
  • Insta a consumir batidos, pastillas, complementos ou algún outro produto: As boas dietas, céntranse unicamente na inxestión de alimentos.
  • Fala dun superalimento como base de toda a dieta (piña, alcachofa, zumes…): Ningún alimento é máxico e indispensable nunha dieta. A alimentación debe basearse nos gustos persoais e na variación dos alimentos consumidos, para así garantir a inxestión de todos os nutrientes.
  • Presenta relatos, historias ou testemuñas para aportar credibilidade: As dietas milagre empregan este tipo de documentos para crear confianza, pero a meirande parte das veces, estes datos están manipulados ou non mostran resultados a longo prazo.

Para baixar de peso de maneira saudable e evitar o “efecto rebote”, débese seguir una dieta personalizada, que aporte a enerxía precisa para cada persoa e que garanta un correcto estado nutricional. Ademais, as boas pautas evitan que se pase fame, están adaptadas ós gustos e horarios dos pacientes e inclúen cambios paulatinos na alimentación habitual do usuario.

A alimentación saudable caracterízase por ser rica en froitas e verduras, alimentos integrais e leguminosas; contén pouco azucre, pouco sal e poucas graxas saturadas e trans.

Para chegar a este tipo de alimentación, débense facer pequenas modificacións nos hábitos de vida. Pódese comezar por cambiar o pan branco por pan integral, incluír unha vez a semana legumes con verduras, reducir os doces do almorzo ou inxerir mínimo dúas froitas diarias.

Tamén pode ser de gran utilidade traballar os momentos da compra, posto que a mellor maneira de evitar consumir alimentos insáns é non dispor deles na casa. Facer unha listaxe da compra, evitar pasar por algúns corredoiros do supermercado e elixir alimentos con menos cantidade de azucre e graxas saturadas, poden ser bos trucos.

Ademais hai que ser realista ca baixada de peso e non obsesionarse. A perda de peso debe ser paulatina, non se pode pretender baixar nun mes o peso gañado nos últimos anos. Cando aparecen pequenos cambios, a baixada está garantida, así coma o seu mantemento no tempo.

Para mellorar a calidade de vida, non importa o momento do ano. Para que a redución de peso non sexa en balde, hai que elixir ben a dieta a seguir, contar cun nutricionista con estudos acreditados e proporse un cambio de vida a longo prazo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *